Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O presunto asasino de Arealonga ingresa na prisión da Lama

RR_Noticias

A xuíz de Redondela enviou onte ao cárcere a José Luis Luna o delincuente reincidente que na noite de San Xoán matou dun disparo a un mozo  na Praia de Arealonga. Impútalle un delito de asasinato por matara Daniel Beltrán e outro de tentativa. Na xornada de onte vivíanse minutos de tensión cando o detido chegaba aos xulgados de Redondela e era recibido por un grupo de veciños ao berro de “asasino”.

O fiscal solicitou o seu ingreso en prisión provisional por dous delitos, un de asasinato e outro en grao de tentativa. O detido, que permaneceu nos xulgados durante máis de cinco horas, só contestou ás preguntas da defensa. O suposto homicida de Arealonga, que a madrugada do pasado sábado disparou mortalmente ao redondelán de 25 anos, Daniel Beltrán, chegaba na mañá de onte aos xulgados para declarar ante a xuíz. José Luis Luna foi recibido entre apupos das persoas que o esperaban nas inmediacións do edificio xudicial, onde había unha forte presenza policial. Ao longo da mañá tamén declararon ante a xuíz cinco testemuñas para explicar o acontecido na noite de San Xoán cando Dani Beltrán recriminou a José Luís Luna por ouriñar na Praia e este sen mediar palabra disparoulle cun arma de fogo. Non é a primeira vez que o detido se enfronta ao cárcere. Suma seis condenas por seis delitos de distinto tipo, dende narcotráfico ata atentado a axentes da autoridade e roubo.      

Berros e apupos
O delincuente foi recibido con berros de asasino

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará