Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Requisan 50 kilos de marisco en tres embarcacións en Redondela nunha operación contra o furtivismo

RR_Noticias

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron 3 embarcacións e máis de 50 quilos de marisco en dous controis realizados na área de Vigo, concretamente en Rande e Chapela, en colaboración coa Garda Civil.

Un deles levouse a cabo en Chapela onde requisaron dúas embarcacións que tiñan folio falso. A maiores, noutro control desenvolvido en Rande, os axentes requisaron outra embarcación que estaba a faenar de xeito ilegal e fixéronse con case 40 quilos de vieira, preto de 13 de nécora e un equipo de mergullo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará