Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Visitas guiadas para coñecer o casco histórico da vila

RR_Noticias

As visitas, organizadas dende o departamento de Turismo de Redondela arrancan na xornada de hoxe e prolongaranse durante todo o verán. O visitante coñecerá no percorrido, que se prolongará durante unha hora entre as 19:30 e s 20:30 horas, a historia da vila, os seus edificios máis emblemáticos e as súas tradicións seculares. Os interesados en participar deben presentarse quince minutos antes de cada visita na oficina de turismo na Alameda.

Hoxe luns arrancan por vez primeira en Redondela as visitas guiadas pola Vila organizadas polo servizo de Turismo do Concello de Redondela. O itinerario dunha hora de duración da comezará na Alameda ao carón da oficina de turismo onde se poderán facer as reservas. Os grupos cun máximo de 25 persoas serán atendidos por guías profesionais dependentes do propio Concello. O visitante poderá coñecer a historia da Vila dende as súas orixes ata o día de hoxe seguindo o itinerario histórico da Nova publicación “A Vila de Redondela” unha guía na que se recollen diferentes feitos históricos como a antiga división entre Vilavella e Vilanova,ou a vinculación do casco co propio mar. Tamén se fai un percorrido polas edificacións singulares e exemplos de arquitectura vernácula e certos símbolos identificativos de Redondela como a propia Coca e as súas tradicións. As visitas serán de 19:30 a 20:30 as persoas interesadas en participar deben estar 15 minutos antes na oficina de turismo para inscribirse ata pechar o número máximo de persoas por visita que serán 25.  

Teresa París Concelleira de Cultura
Roteiros para coñecer Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará