Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

San Xoán prenderá 20 fogueiras en Redondela

RR_Noticias

Todas as fogueiras que o solicitaron recibiron os permisos correspondentes, tanto a autorización municipal como o correspondente permiso de Costas para aquelas que se realizan no litoral. Doce das cacharelas son organizadas por asociacións e centros culturais que convidan aos veciños a vivir esta noite de venres unha velada de lume e festa.

Os redondeláns prepáranse para vivir a noite de San Xoán e farano prendendo un total de 20 cacharelas en diferentes puntos do concello. Cesantes, Cabeiro, Chan das Pipas ou a Miñoteira son algunhas das localizacións que se repiten ano tras ano. Tamén arderán as catro pendentes do permiso de Costas, xa que ao estaren ubicadas no litoral necesitaban desta autorización que xa lles foi concedida. Neste caso atópanse a fogueira que se realiza na Praia de Arealonga organizada pola Asociación de Empresarios e o propio Concello, a que organiza tamén anualmente a Asociación deportiva e Cultural de Rande na Finca do Alemán ou a da Portela, fogueira esta última que o ano pasado non se puido prender ao serlle desautorizado o permiso.
 
Solicitudes concedidas:
Asociación de Veciños de Quintela (Camiño do Cocho)
Asociación de Veciños Cabeiro (Centro Cultural da parroquia)
Peña Cultural e deportiva Blanco y Negro (Vilar)
Centro Cultural Santo Estevo de Negros
Asociación Veciños a Miñoteira en Ventosela
Asociación Cultural Deportiva Chan das Pipas
Asociación Cultural de Cidadelle
Círculo Cultural de Cesantes (N-550 na coñecida como curva morta)
Casa Rectoral Santa María de Reboreda
Asociación deportiva e Cultural de Rande na Finca do Alemán
Asociación de empresarios (Praia de Arealonga)
Asociación A Rebouza (A Portela).
 
A estas habería que engadir outras oito solicitadas a título persoal por veciños que deciden celebrar esta cita no ámbito privado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará