Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Andaina nocturna para coñecer os xacementos de Monte Penide

RR_Noticias

O arqueólogo Xurxo Constela será o encargado de guiar esta andaina que organiza a Concellería de Cultura. Un percorrido accesible a todos os públicos que partirá o domingo 25 ás 22:00 horas dende o merendeiro da Poza da Lagoa. O obxectivo destas actividades é dar a coñecer o patrimonio e poñer en valor os xacementos de Monte Penide-Mirallo. Unha ruta circular de non máis de tres quilómetros que levará aos participantes a achegarse aos petróglifos existentes en Chan da Cruz, na Porteliña e na Poza da Lagoa.

O arqueólogo Xurxo Constela da empresa A Citania será o encargado de explicar as imaxes gravadas nas rochas e que se aprecian con maior claridade na escuridade, motivo polo que esta andaina organízase en horario nocturno, a partir das dez da noite.
Unhas xornadas que se están a desenvolver o último domingo de cada mes con distintos percorrido e que teñen como obxectivo a concienciación medioambiental. Dar a coñecer a coñecer o parque arqueolóxico de Monte Penide, unha das maiores concentracións de soterramentos tumulares do noroeste peninsular e cuxa posta en valor e divulgación é fundamental para evitar posibles actos vandálicos e asegurar a súa pervivencia.
Para participar aconséllase levar calzado cómodo e unha lanterna así como estar puntualmente as nove no merendeiro da Poza da Lagoa.
Actividades de balde organizadas pola Concellería en colaboración coa empresa A Citania na que poden participar todos os que o desexen.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará