Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Servizos Sociais incorpora dous traballadores

RR_Noticias

O Departamento de Servizos Sociais vén de incorporara ao servizo dous traballadores sociais que se suman ao equipo existente en Redondela, co obxecto de que o período estival non repercuta nos usuarios. Unha das persoas contratadas desenvolverá o seu traballo en Redondela e o outro en Chapela. Estes traballadores forman parte do programa de becas da Deputación de Pontevedra.

Dende o departamento anuncian tamén que en breve será contratado outro traballador social para evitar que durante o verán se teña que baixar o ritmo e o departamento se resenta durante as vacacións do persoal.
Con este anuncio responden dende o goberno local ás críticas dos socialistas, quen acusaban ao PP de falta de previsión por non tomar ningunha medida de cara a evitar que os atrasos que xa sufren os servizos sociais “de ata tres meses nas citas e de bastante máis tempo na tramitación de axudas de emerxencia social” segundo a socialistas Digna Rivas. Atrasos que “poderían empeorar coa chegada do verán xa que moitos traballadores collen as vacacións que lles corresponden e verase agravado o problema da falta de persoal”.
Entenden no PP que coa incorporación dos novos traballadores procedentes do Plan da Deputación poderá evitarse este problema.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará