Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP vota en contra da iniciativa do BNG para a mellora da seguridade viaria en Cesantes

RR_Noticias

A iniciativa parlamentaria presentada o mércores polo BNG para demandar a Fomento beirarrúas, redutores de velocidade, pasos de peóns e regulación mediante semáforos na estrada N-550 ao seu paso por Cesantes foi rexeitada ao contar co voto en contra dos parlamentarios populares. Os nacionalistas critican ao PP “por antepoñer os intereses partidistas ás necesidades dos veciños” rexeitando que estas demandas sexan esixidas ante Fomento.

 
A primeiros do mes de maio nun encontro do deputado nacionalista, Luís Bará, con  membros da ANPA, AA.VV., e Obradoiro de Estudios Locais, formulouse a prioridade de mellorar a seguridade viaria nunha estrada cunha intensidade dusn 20.000 vehículos día. A maior preocupación, reside no movemento do alumnado e familias nas entradas e saídas do Colexio Outeiro das Penas.
No Parlamento Galego o propio Bará prantexou que a Xunta se dirixira ao Ministerio de Fomento, demandando a construción de beirarrúas, a colocación de redutores de velocidade,  a instalación de semáforos e pasos de peóns. Deste xeito permitiríase unha mobilidade máis segura neste entorno onde se ubica o Centro Cultural, o Colexio Público, e polo que cruza o Camiño Portugués.
“Lonxe da apoiar estas xustas reivindicacións veciñais o PP situouse do lado do goberno estatal, evitando esixirlles nada” aseguran os nacionalistas que consideran o acontecido “unha ofensa, que o PP antepoña os seus intereses partidistas ás demandas cidadás, e á mellora da seguridade viaria no Alto de Cesantes”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará