Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de La Fuga, Relámpago e RMS no Campo da Feira

RR_Noticias

A programación das festas da Coca continúa coa música como protagonista nunha xornada na que o rock soará con forza no Campo da Feira. Será a partir das 21:30 cun concerto no que o grupo cántabro La Fuga estará teloneado polos grupos locais Relámpago e RMS. O domingo haberá visitas guiadas a Illa de San Simón e a Danza das Espadas e as Penlas así como as alfombras tomarán as rúas de Vilavella.

Son moi novos, 11, 12 e 18 anos, pero Saul, Martín e Óscar – Relámpago- non serán a primeira vez que se suban a un escenario. Eso sí, nesta ocasión fano coa satisfacción de ser os teloneiros dun dos grande do rock, o grupo La Fuga. Precisamente a súa música bebe do rock, xa que o seu repertorio está cheo de versións de temas clásicos do rock “aínda que nos últimos tempos traballan tamén en cancións propias”.  Seguiralle a actuación de RMS, grupo local xa máis veterano que se caracteriza tamén por facer versións de rock clásico. E por último, subirase ao escenario a formación cántabra La Fuga, Pedro (voz e guitarra), Nando (guitarra), Alex Sanz (baixo) e Edu (batería): un grupo de Reinosa (Cantabria) con máis de 500 concertos as súas costas nunha ducia de xiras, 9 discos publicados e unha historia de constancia e rock and roll que arrancou no ano  1996. Un programa de fin de semana enmarcado dentro das Festas que inclúe tamén visitas guiadas á Illa de San Simón o vindeiro domingo  día 18 con saída dende o peirao de Cesantes. Os billetes pódense mercar na oficina de turismo do Concello de Redondela a 4 € a viaxe. Os horarios dos barcos serán ás 12:00 horas e as 16:30 horas. A viaxe inclúe unha visita guiada pola enseada e na Illa de san Simón e San Antón. Un sábado e domingo nos que haberá as tradicionais verbenas no campo da feira, mañá coas orquestras Pontevedra e Xacobeo e o domingo coa Orquestra Charleston. Tamén repetirán as alfombras florais, aínda que na noite do sábado trasládanse a Vilavella e o domingo volverá a verse a Danza das espadas e as Penlas nesta ocasión na praza de Ribadavia.  

Relámpago
Uns mozos moi novos con experiencia xa nos escenarios
RMS
Un grupo xa veterano no panorama local

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará