Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As instalacións de Santa Mariña ampliaranse cunha pista de Skate e unha cancha de baloncesto

RR_Noticias

O deporte urbano contará cun espazo propio en Redondela, unha zona de 400 metros cadrados diante do pavillón municipal da Marisma na que se instalará un “skatepark” e unha cancha de baloncesto. Así o ven de anunciar o Concello logo de obter do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente- a través do Servizo de Costas- a autorización necesaria para acometer a obra. A Concellería de deportes lembra que a partir do xoves 1 de xuño xa estarán operativas as pistas de padel.

A actuación prevé basicamente un “skatepark cun bowl” escavado, con formigón proxectado, válido para diferentes modalidades de deporte urbano. Existe xa unha memoria valorada, pero no momento do proxecto final, concretarase tamén cos usuarios potenciais o deseño definitivo que abranguerá unha zona duns 400 metros cadrados.
Ao seu carón preténdese a construción dunha cancha de baloncesto con medidas oficiais, integrada co entorno e respectando as súa características paisaxísticas determinadas.
Estas dúas actuacións explicna dende o goberno veñen dar resposta ás demandas dos veciños e “converterán a zona da Marisma e Santa Mariña nun enorme complexo deportivo, con varios centros educativos na contorna”.
Unhas instalacións que veñen de sumar tamén as pistsde padel, a disposición dos veciños a partir do xoves 1 de xuño. os interesados deben pasar polo departamento de deportes no Concello para darse de alta e recibir un nome de usuario e un contrasinal. Con estes datos poderán facer a súa reserva a través da web do Concello en calquera das catro pistas. As pistas terán un período de carácter gratuíto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará