Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada discreta para o remo redondelán en Cabo da Cruz

RR_Noticias

O C.R. Chapela tivo que conformarse coa cuarta praza na categoría absoluta feminina no Campionato Galego de Traiñeiriñas disputado onte en augas de Cabo da Cruz. Os mozos da xuvenil masculina do C.C.D. de Cesantes foron quintos na proba autonómica.

Con todo, a embarcación de Chapela estará no Campionato de España, que se celebra esta fin de semana en Meira. A proba galega daba billete só aos tres primeiros barcos para a cita estatal, pero a renuncia a participar por parte de clubs de Asturias e Euskadi permite ás redondelás asistir á regata de Moaña. En Cesantes están aínda á espera, xa que hoxe remata o prazo para que os clubs se inscriban, e teñen tamén opcións de poder asistir co equipo xuvenil masculino. No Campionato Galego os clubs Mecos do Grove, Cabana de Ferrol e os anfitrións de Cabo da Cruz proclamáronse gañadores nas tres categorías oficiais: mulleres, xuvenil e absoluto masculino. Na final feminina Vilaxoán, Chapela, Mecos, Náutico Riveira e Samertolaméu aliñáronse na saída. Foi un pechado duelo no primeiro longo no que Chapela non fixo a súa mellor regata. As redondelás despistáronse e parecía ir cara a boia tres, cando a súa era a dúas. Náutico Riveira púxose por diante, pero Mecos foi de menos a máis e foron remontando ata impoñerse, con Samertolaméu terceira. Chapela foi de máis a menos. O presidente do club, Julio Prado, recoñeceu que o resultado “podía ser mellor”, e explicou que “a total falta de vento” prexudicounos.
Na final de xuvenís Cabana Ferrol púxose por diante desde o primeiro momento, por diante de Rianxo. Bueu e Cabo da Cruz pelexaron pola terceira praza, e Cesantes sorprendeu polo seu escaso rendemento logo de facer unha excelente regata de clasificación o sábado. E na final da categoría absoluta masculina os anfitrións de Cabo da Cuz volveron exhibir o seu potencial. Tirán foi detrás seguido de Moaña e Mecos, cuarto, metendo a proa por diante de Ares. Gañaban o pase para o Campeonto de España de Traiñeiriñas da próxima fin de semana os tres primeiros de cada categoria, pero é moi posible que sexa máis os que estean en Moaña os días 3 e 4 de xuño. Ante a ausencia de tripulacións doutras autonomías como Asturias e Euskadi, xa se confirmou a presenza de Chapela en absoluto feminino. Nos xuvenís tamén estará Bueu, que foi cuarto, e mesmo hai aínda opcións a que o C.C.D Cesantes tamén poida ter billete, e agardan unha resposta por parte da Federación. Hai que esperar as inscricións das demais autonomías, xa que hoxe remata o prazo, para saber se Redondela vai estar máis representada.
Éxito dos veteranos do C.R. Chapela
A tripulación de veteranos do Club de Remo Chapela foi primeira en tempo real e cuarta en tempos compensados na regata de tríñas ABE de Veteranos da Bahía da Concha 2017. No tempo compensado remataron por detrás das embarcacións vascas de Getxo, Arkpte e Zumaia.Campionato Galego de Traiñeiriñas
Resultados: Mulleres: 1.- Mecos, 15.23:70; 2.- N.Riveira, 15.25:00; 3.- Samertolaméu, 15.34:14; 4.- Chapela, 15.37:40; 5.- Vilaxoán, 15.50:94. Xuvenil masculino: 1.- Cabana Ferrol, 14.17:05; 2.- Rianxo, 14.25:65; 3.- Cabo Cruz, 14.26:09; 4.- Bueu, 14.28:17; 5.- Cesantes, 14.53:63.- Absoluto masculino: 1.- Cabo Cruz, 13.20:84; 2.- Tirán, 13.24:75; 3.- Moaña, 13.36:50; 4.- Mecos, 13.45:72; 5.- Ares, 13.47:97.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará