Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia incumprimentos na recollida do lixo por parte de Urbaser

RR_Noticias

Acusa á empresa de aproveitar os días festivos do Luns do Cristo, o Primeiro de Maio e o día das Letras Galegas para non cumprir o contrato que establece a recollida do lixo tres días a semana en determinadas parroquias. As máis afectadas serían diferentes zonas de Saxamonde e Vilar de Infesta e poñen como exemplo a acumulación de lixo no punto ubicado a carón do colexio de Portocabeiro. Instan ao Concello a sancionar a empresa por incumprimento de contrato.

Explican os nacionalistas que durante as xornadas festivas de abril e maio, en varias parroquias redondeláns amontoouse o lixo durante días incumpríndose o contrato de recollida, “unha omisión do servizo que pode levar a sancións económicas á empresa”. Concretamente os incumprimentos teríanse producido os festivos do Luns do Cristo, o Primeiro de Maio, e o Día das Letras Galegas. Sinala o edil Xoán Carlos González as zonas de Saxamonde e Vilar de Infesta, como as máis afectadas “a empresa está obrigada a recoller o lixo tres días na semana, mais aproveitando os festivos unicamente o fixeron dous o que supuxo que nalgúns contedores desbordaran os residuos”. Trátase, a xuízo do edil nacionalista, dun claro agravio comparativo con outras partes do concello onde si se recolleu. Considera o edil, que esta omisión de servizo debería supoñer a apertura dun expediente sancionador e critica que dende o goberno local non se tivesen adoptado ningún tipo de medida antes estes incumprimentos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará