Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes acada a prata no Campionato Provincial de traiñeiriñas disputado en Moaña

RR_Noticias

A enseada de Meira acolleu onte as finais do campionato de traiñeiriñas da provincia. Impuxéronse os clubs de Vilaxoán, Samertolaméu e Tirán nas categorías categorías absoluta feminina, xuvenil masculina e absoluta masculina respectivamente. Cesantes e Chapela clasificáronse para o Campionato Galego que se celebrará a próxima fin de semana en Cabo da Cruz.

Os catro primeiros das finais de onte obtiñan o billete para o Campionato Autonómico que se celebra a próxima fin de semana nas augas arousás de Cabo da Cruz. E alí estarán dous barcos redondeláns. O de Cesantes, que foi segundo na xuvenil masculina, e Chapela, que acadou a cuarta praza en absoluta feminina. Onte en féminas, as mozas de Vilaxoán impuxéronse con moita claridade deixando atrás a Mecos, Samertolaméu e Chapela que obteñen praza para o galego, mentres Coruxo ao ser quintas, quedan fóra do autonómico. En xuvenís, que era final directa ao haber só cinco equipos, Samertolaméu foi o vencedor onte cunha vitoria moi disputada con Cesantes, Vilaxoán e Bueu. Os catro conquistaron a praza para o galego. Tirán foi quinto e quedou fóra da proba do próximo fin de semana. O sábado só se presentaron tres equipos na categoría, mentres Cesantes e Vilaxoán reserváronse para onte e conseguiron un magnífico resultado. Foron segundo e terceiro, respectivamente, a apenas medio barco dos de Meira. Na categoría absoluta masculina o vencedor foi Tirán que onte superou a Moaña, Meira e Mecos, vencedor do sábado, quedando Samertolaméu na quinta posición e por tanto, fóra do galego.
Resultados: Absoluto feminino: 1.Vilaxoán, 15.13:21; 2.Mecos, 15.23:71; 3.Samertolaméu, 15.24:61; 4.Chapela, 15.41:98; 5.Coruxo, 16.02:30. Xuvenil masculino: 1.Samertolaméu, 14.21:47; 2.Cesantes, 14.23:65; 3.Vilaxoán, 14.25:83; 4. Bueu, 14.28:58; 5.Tirán, 15.34:87. Absoluto masculino: 1.Tirán, 13.15:43; 2.Moaña, 13.17:04; 3.Meira, 13.18:94; 4.Mecos, 13.26:07; 5.Samertolaméu, 13.32:69.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará