Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE redondelán tamén é “Sanchista”

RR_Noticias

Contundente vitoria de Pedro Sánchez, que do mesmo xeito que en toda Galicia, tamén se impuxo en Redondela. Dos 105 censados como militantes no PSOE local votaron 87, dos cales 60 deron o seu apoio a Pedro Sánchez, 23 optaron pola papeleta de Susana Díaz e Patxi López obtivo tan só 4 apoios.

O aberto apoio de Abel Caballero e outros coñecidos dirixentes socialistas galegos á candidata andaluza non se traduciu nun apoio dos militantes. Pedro Sánchez impúxose nas catro provincias e nas sete cidades galegas, pero tamén en Redondela contou co indiscutible apoio das bases que refrendaron novamente ao que xa fora Secretario Xeral e que recupera agora o cargo oito meses despois da súa dimisión.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará