Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival de Títeres faise maior

RR_Noticias

O XVIII Festival de Internacional de Títeres de Redondela contará nesta edición coa presenza de 25 compañías que ofrecerán os seus espectáculos entre o 15 e o 21 de maio. Compañías de Brasil, Arxentina, Italia, Dinamarca, Reino Unido, Estados Unidos, Madrid, Andalucía, Cataluña e, por suposto, de Galicia, compoñen un cartel no que se inclúen actividades escolares, representacións en sala, unha exposición de autómatas e  unha festa performance na praza da Casa da Torre.

Un total de 25 compañías de diversas procedencias: Brasil, Italia, Estados Unidos, Dinamarca, Arxentina e Galicia entre outras,encherán a vila de espectáculos para todos os públicos. Unha programación que comezará coa campaña escolar en Chapela e Redondela, a cargo das compañías Tato Criaçao Cênica do Brasil, El Chonchón de Arxentina e os galegos de Tanxarina, cun total de oito funcións. O martes 16 arrancará a programación de sala co espectáculo para adultos “Circus Funestus” da danesa Sofie Krog, unha proposta incluída no programa do ano pasado pero que, por un desgraciado accidente, tivo que ser substituída. Un ano máis, o Festival coincide co día grande da lingua e cultura galegas, o festivo do 17 de maio. Para celebralo, as prazas e rúas da vila encheranse de teatro de títeres e música. Máis de 40 representacións teatrais, actuacións musicais de The Turres Band, espectáculos itinerantes e un espazo de xogos pensado para os máis pequenos. O programa de actividades compleméntase coa exposición “40 años de La Tartana”, unha mostra interactiva onde é o propio espectador o que articula o mecanismo para que funcionen os diversos autómatas que a conforman. Na mañá do domingo desenvolverase a ruada “Eu paseo, eu pastoreo” protagonizada pola compañía catalana Xip-Xap Teatre. Este ano as ovellas serán os animais convidados e o Paseo do Río Maceiras o percorrido. A para celebrar a maioría de idade, a organización organiza neste ano unha festa na praza da Casa da Torre. Tres horas de música en directo coa compañía Sienta la cabeza que fará unha performance participativa que se prolongará durante tres horas.  

Luis Crespo director do Festival
Fala das compañías que pasarán por esta XVIII edición
Eu paseo eu pastoreo
Novas ubicacións
Exposición de autómatas
Da compañía La Tartana

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará