Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Extinguido un incendio nun edificio da Avenida Ernestina Otero

RR_Noticias

O incendio producíase ás 13:00 horas de hoxe no 5º B do edificio número 35 da rúa Ernestina Otero e as lapas eran sufocadas minutos despois do seu inicio polos efectivos de emerxencias de Redondela (SEIS). De feito, cando chegaron os bombeiros de Vigo e entraron no inmoble comprobaron que o lume, que minutos antes asomaba por un dos balcóns da vivenda, estaba xa extinguido. Decoñécese a causa que provocou o incendio, xa que no momento de declararse non había ninguén no interior da vivenda, segundo informa o concelleiro de Interior, Arturo González. Todo apunta a un cortocircuito.

O lume producíase pasadas a unha da tarde no quinto andar do edifico que alberga nos seus baixos o Servizo de Recadación Municipal. Segundo explicaba o concelleiro Arturo González, as lapas foron rapidamente sufocadas polo SEIS de Redondela. Afortunadamente no momento do incendio non se atopaba ninguén no interior da vivenda, na que reside o propietario do Bar Central, un coñecido establecemento da vila situado na Praza da Farola.
Ata o lugar desprazáronse tamén membros da policía Local. O suceso provocou importantes retencións de tráfico no casco urbano.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará