Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Arealonga F.S. busca a permanencia na recta final da Liga Galega Sur

RR_Noticias

O equipo de Chapela ocupa a 12ª praza na Liga Galega Sur, superando a catro equipos. Pendentes dos arrastres que poidan deixar os descensos nas categorías superiores, non teñen aínda asegurada a salvación, malia que dependen de si mesmos para consguila. Por iso o equipo se conxura para sacar un resultado positivo nas dúas xornadas que restan ante o C.D. Beade e o Valladares F.S.F.

O presidente e xogador do club, Iván Vázquez, confía en que a melloría experimentada polo equipo nesta segunda volta sexa suficiente para acadar a permanencia. Neste momento están por riba de catro equipos, que poderían ser os que descendan en función dos arrastres, pero os seis puntos que quedan en xogo serán “cruciais” nesta recta final na que “se decide todo. Logo da xornada de descanso pola ponte festiva, retoman a competición o próximo sábado día 6. A cita será en Vigo, ante o Beade, equipo que os adianta unha posición na táboa con cinco puntos máis. Na primeira volta o Arealonga gañoulles en Chapela cunha marxe cómoda, pero no club non se fían do rival, que se reforzou nesta segunda metade do campionato. Aseguran que porán todo o seu esforzo en gañar o partido. Unha semana máis tarde despedirán a liga en Chapela ante o Valladares, un partido ao que poderían chegar xa coa salvación no peto. Será unha festa para toda a familia do Arealonga F.S., xa que presentarán a todos os equipos da entidade, un total de 11, con máis de 125 xogadores e xogadoras en todas as categorías. Vázquez Figueroa sinala que o traballo que realizan na parroquia desde hai 14 anos está a a verse compensado co apoio e recoñemento dos veciños da parroquia. Un club “que non deixa de medrar” desde a súa fundación, e que ten como filosofía fomentar os valores do deporte, o respecto e o compañeirismo “por riba de todo”.

Iván Vázquez presidente do club
O Arealonga F.S. xógase a permanencia nas dúas últimas xornadas.
C.D.Beade-Arealonga F.S.
Logo da xornada de descanso o sábado xogarán en Vigo ante o Beade.
Unha gran familia
O club non deixa de medrar e xa conta con 11 equipos e 125 xogadores e xogadoras de todas as categorías.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará