Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tradición, retranca e flores nos Maios de Redondela

RR_Noticias

Poucos participantes pero moito público onte en Redondela para gozar da celebración dos Maios. A maior parte das agrupacións a concurso optaron polo maio tradicional sendo o Cono do Chan o que se fixo co primeiro premio. En maio artístico “Os miudos de Sanmar” foron os gañadores, no apartado de coplas o xurado premiou os textos de “Mari Carmen II” e na interpretación o galardón foi para “O Carballo”.

A Alameda de Redondela estaba ateigada de publico onte para gozar un ano máis da tradicional benvida a primavera que este ano contou cunha menor participación, xa que foron tan só 14 os Maios que concorreron ao concurso. Moitos conos e algún cruceiro e poucos maios artísticos, que adoitan ser os máis chamativos.  Así, unha composición dos Miudos de Sanmar que representaba aos antigos carros de leiteiras fíxose co primeiro premio nesta categoría, seguida dunha réplica dun barco pesqueiro o “Mari Carmen II” elaborada por un grupo de amigos do Viso. O terceiro premio foira para “O Avó”, que representaba o vello Carballo das Cen Polas.
Os premios dos “maios” tradicionais foron para “O Cono do Chan” en primeiro lugar, seguido de “O Carballo” e “Este fixémolo nós”.
No apartado de coplas, o gañador foi “Mari Carmen II”, seguido de “Os Miúdos de Sanmar” e “Cruceiro Os Pequerrechos”.
Por último, recoñeceuse tamén a mellor interpretación para “O Carballo”, seguidos dos rapaces de “Os Ventoliños” e en terceiro lugar “Os Miúdos de Sanmar”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará