Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concurso de fotografía para celebrar o día da Nai

RR_Noticias

A asociación de empresarios de Redondela organiza este concurso que premiará ás cinco mellores fotografías con vales de comprar por valor de 50 euros. Un dos premiados poderá duplicar o importe do premio si durante os días da campaña realiza compras en calquera dos comercios asociados por un importe igual ou superior a 100€. Os aprticipantes deberán tomar unha imaxe nos photocalls colocados durante a semana que vai do 3 a0 7 de maio ao longo de toda a área comercial.

A clientela que queira participar neste singular concurso deberá facerse unha foto en calquera destes photocalls que atopará en diversos emprazamentos da zona comercial. As fotografías realizadas deberán subirse ao Facebook da Asociación de Empresarios de Redondela (https://www.facebook.com/asociaciondeempresariosderedondela/) xunto ao hashtag #QuéroteMamá e deberán responder a temática do concurso resultando premiadas as que acaden demostrar unha expresión máis singular, entrañable e vistosa. As fotos poderán ser selfies, fotos de grupo, en familia, etc e en xeral valorarase a imaxinación e a expresión de sentimento cara a figura materna que se celebra o vindeiro domingo 7 de maio.
Entre todas as fotos que participen no concurso seleccionaranse 5 que obterán como premio vales de compra de 50€ para mercar no comercio local. Un dos premiados poderá duplicar o importe do premio si durante os días da campaña realiza compras en calquera dos comercios asociados por un importe igual ou superior a 100€.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará