Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.D. Choco busca selar a permanencia en Santa Mariña ante o Bergantiños

RR_Noticias

Logo do empate en Compostela, os de Marcos Montes teñen a salvación a dous puntos. Restan aínda tres xornadas, pero os redondeláns queren festexar a permencia este domingo en Santa Mariña ante a súa afección cun triunfo sobre o Bergantiños. O rival non llo porá doado, xa que precisan certificar o seu pase á fase de ascenso.

Aos pupilos de Montes non lles asusta ningún rival. Logo dunha primeira volta marcada polas biaxas e os malos resultados, na segunda metade están a competir a un alto nivel. Na pasada xornada remontaron en San Lázaro o 2-0 co que chegaban ao descanso e asinaron un empate. Unha mostra máis de que o Choco “nunca se rende” como apunta o seu técnico. O obxectivo da permanencia xa está máis cerca, e o equipo respira algo máis aliviado. Necesitan dous puntos para asegurar a salvación, e falta de tres xornadas. Pero Montes aposta por asegurar a permanencia na Terceira División este mesmo domingo, cunha vitoria na casa ante o Bergantiños. Non será doado, xa que o rival está a facer os mellores números desta segunda volta e tamén ten moito en xogo. No cuarto posto da liga, non poden baixar a garda para certificar a súa clasificación para o “play-off” de ascenso. O encontro será o domingo ás 17.00 horas en Santa Mariña. Unha xornada importante para o fútbol redondelán porque a continuación, ás 19.00, xogará o filial. Choco B O Choco B, 4º na táboa, recibe ao Nieto. Un encontro importante tamén xa que os redondeláns deben garantir a súa participación nunha fase de ascenso que lle resiste. Montes recoñece que sería “moi positivo” para o club o ascenso do filial á Primeira Autonómica, xa que a canteira daría “un salto de calidade”.

Marcos Montes adestrador
A melloría do equipo na segunda volta permítelles ter a salvación a tan só dous puntos.
Choco – Bergantiños
O domingo reciben en Santa Mariña ao Bergantiños.
Choco B – Nieto
O filial ten en xogo a participación na fase de ascenso a Primeira Autonómica.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará