Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A película “Visións” do proxecto Cinema e muller chega a Redondela

RR_Noticias

A sede da Asociación de Mulleres Agarimo de Chapela acolle este mércores ás 17:30 horas a proxección da película colaborativa “Visións” elaborada ao amparo do proxecto Cinema e Muller da Deputación de Pontevedra. Unha película na que participan activamente dez mulleres cineastas da provincia abordando diferentes cuestión dende a intimidade, o corpo feminino, o día a día da creadora audiovisual ou a dificultade de conciliar, entre outras temáticas.

Nesta película participan as creadoras Carla Andrade, Bego Santiago, Carme Nogueira, Eva Calvar, Sonia Méndez, Andrea Zapata, Lara Bacelo, Olaia Sendón, Diana Toucedo e Claudia Brenlla. “Visións”, realizada en dous meses inclúe dez mini-curtametraxes de entre 3 e 12 minutos. Dende a Concellaría de Muller e Igualdade convidan a veciñanza a achegarse a esta proxección nun acto que contará tamén coa produtora e comisaria do proxecto, Xisela Franco.
A proxección terá lugar o vindeiro mércores 26 de abril, ás 17,30 horas, no local da Asociación de mulleres Agarimo de Chapela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará