Hoxe é Mércores 16 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sanidade rexeita ampliar a horario de tarde, noite e fins de semana as urxencias pediátricas

RR_Noticias

A petición, cursada polo Concello de Redondela en base a unha moción de AER aprobada en pleno, foi rexeitada pola Consellería de Sanidade alegando que “os médicos de familia teñen a capacitación e a obriga de atender os casos urxentes que transcorran nos horarios nos que non hai pediatra no centro”. En canto ao servizo de radioloxía, cuxa ampliación de horarios tamén foi demandada dende Redondela, entende a Consellería que nestes momentos o número de solicitudes de exploracións fóra dos horarios actuais non xustifica esa medida.

A moción aprobada en pleno a instancias da Agrupación de Electores reclamaba que se dotara o centro de saúde de recursos sanitarios suficientes para atender urxencias pediátricas de xeito continuado sen ter que derivar aos menores a un profesional sen experiencia en pediatría. Tamén incluían na súa petición que se reforzase o servizo de radioloxía que na actualidade funciona unicamente en horario de mañá.
Dúas peticións que a Consellería de Sanidade rexeita alegando que “non existe ningún Punto de Atención Continuada (PAC) con especialistas en pediatría no seu cadro de persoal se ben, os médicos de familia teñen a capacitación e a obriga de atender os casos urxentes que transcorran nos horarios non que non hai pediatra no centro”.
Respecto da petición de que se amplíe o servizo de Radioloxía que funciona unicamente en horario de mañá o que supón que en horario de tarde e nas urxencias de fin de semana, aínda existindo os medios materiais, tanto os pacientes de centro de saúde como os que acoden a Urxencias (Punto de Atención Continuada) son derivados ao hospital Álvaro Cunqueiro, entende a Consellería que “o número de solicitudes de exploracións neses horarios non xustifica a súa posta en marcha de xeito inminente”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará