Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Isto non é unha lata” campaña de promoción da reciclaxe en Redondela

RR_Noticias

Esta campaña, desenvolvida dende o Concello, busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe. A aula móbil estará ubicada este venres día 21 na Praza do Concello en horario de 10:30 a 14:00 horas.

Dende a Concellería de Medio Ambiente explican que esta campaña busca concienciar á poboación do importante que resulta a reciclaxe para todos porque repercute de maneira significativa na nosa natureza así como nos nosos recursos económicos. Neste caso a campaña consistirá na instalación desta unidade móbil informativa e súmase a outras como a aposta pola compostaxe individual e a compostaxe comunitario., así como ás campañas de reciclaxe de vidro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará