Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As obras de mellora no viaduto de Pontevedra invaden a beirarrúa en Xeneral Rubín

RR_Noticias

A obra que está a levar a cabo o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) consistirá en reforzar a estrutura e realizar labores de mantemento nun viaduto que data de finais do XIX e que na actualidade ten que soportar o paso de trens máis pesados e a maior velocidade. O concello amosa a súa preocupación polo “elevado nivel de ruído que poidan provocar as obras” que se van prolongar durante un ano, unha actuación que provoca xa os primeiros inconvenientes entre os veciños ao ocuparen as estadas boa parte da beirarrúa na rúa Xeneral Rubín.

A obra, que se prolongará doce meses consiste na realización de traballos de mantemento e reforzo da estrutura da ponte co obxectivo de adecuala ás necesidades actuais de uso, xa que ten que soportar o paso de vagóns de maior tamaños e trens a maior velocidade. A obra inclúe o cambio de vía e o reforzo dos piares, segundo explicaba o edil de Patrimonio Arturo González, quen apunta que “logo da pequena actuación de mantemento que se fixera no 2012 agora acométese unha actuación de maior envergadura que conta cun orzamento próximo aos 2,5 millóns de euros”.
A colocación das estadas poderían eliminar prazas de aparcamento nalgún momento puntual no campo da feira pero non se espera que afecte ao desenvolvemento de citas festivas como a Festa do Choco. O maior prexuizo que padecerán, sobre todo os veciños da zona, será o elevado nivel de ruído “consecuencia dunha actuación destas características nunha estrutura metálica”. A obra suporá tamén alteracións no tráfico ferroviario por mor dos traballos e nestes días boa parte do tramo da beirarrúa que discorre por embaixo do viaduto estará inutilizada logo da colocación das estadas que permiten aos traballadores acceder a infraestrutura.
 Unha ponte ferroviaria de finais do século XIX que é un dos elementos patrimoniais máis importantes do municipio e que se someterá así a un lavado de cara. Non está decidido aínda a cor que se lle dará a este viaduto: manter o gris actual, optar polo verde que loce o viaduto Madrid ou se os técnicos de Adif elixirán outras cor para o seu acabado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará