Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O festival Redondela en curto recupera o acento galego

RR_Noticias

Entre as 16 curtametraxes a concurso compiten dúas curtas galegas “Einstein-Rosen” de Olga Osorio e “Lurna” de Nani Matos, ás que hai que engadir as tres curtametraxes da sección “cine galego”. A novidade desta edición está na proxección de curtametraxes fóra do termo municipal de Redondela, con pases escolares en Soutomaior, así como as proxeccións previstas en Chapela. Serán os escolares de Arcade os encargados de inaugurar a XIII edición do Festival que neste ano contará cun intenso programa en colaboración coa asociación Andaina.

Redondela en Curto celebrará a súa décimo terceira edición do 24 a 30 de abril, sendo os tres primeiros días do festival orientados exclusivamente aos nenos con pases en Arcade, Chapela e Redondela. A apertura do festival terá lugar o xoves 27 no Multiusos cunha performance do dúo musical “Tatan chapeu “, co actor e cantante Eduardo Cunha “Tatan” e o pianista Alberto Vilas . A continuación serán os actores Lucía Regueiro, Miguel Blanco e Isabel Naveira , da serie de televisión “Serramoura” emitido polo TVG os encargados xunto co actor local Miguel Borines da inauguración e de dar paso ás primeiras curtametraxes que se poderán visionar nesta edición dentro da sección oficial. Durante os seguintes tres días sucederanse os pases, organizados consecutivamente e sempre no Multiúsos da Xunqueira, co obxecto de que todo o público poida achegarse ás 16 finalistas e votar polos seus preferidos. O festival rematará coa realización dunha cerimonia de clausura na que a organización anunciará os nomes das dúas curtas premiadas polo público e xurado, premios dotados con 1000 e 1.500 euros respectivamente. Mención especial ten este ano o programa elaborado pro Andaina, con pases para escolares, charlas nos colexios e a mesa redonda “Situación da dependencia e a integración social” o obxectivo é “achegar a vida das persoas con diversidade funcional aos cativos para crear adultos sen prexuizos” en palabras de Lara Maya.  

Fernando Carreira Cuchi Redondela en curto
O director do festival fálanos da progrmaación en xeral
Cine galego
Das 16 seleccionadas dúas son galegas
Lara Maya Asociación Andaina
Un intenso programa en coalboración con Andaina
Teresa París edil de Cultura
Salienta as novidades desta edición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará