Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os voluntarios plantan 500 árbores autóctonas no monte do Viso

RR_Noticias

O Día da Árbore, celebrado na xornada de onte, converteuse en toda unha “festa da natureza” coa colaboración de máis de 50 voluntarios, adultos e cativos, que traballaron conxuntamente na plantación de carballos, castiñeiros e piñeiros. En total máis de 500 árbores que servirán para recuperar un monte que no agosto do pasado ano foi afectado polo lume.

A Comunidade de Montes do Viso organizaba onte domingo esta actividade  na que participaron máis de 50 persoas entre cativos e adultos, que se animaron a reunirse para traballar en prol do monte veciñal en man común.
Dende a comunidade de montes agraden a colaboración “tanto aos comuneiros que se achegaron ao monte Espiño como aos numerosos asistentes que acudiron dende outros lugares a ofrecer un pouco do seu tempo en prol do nosos monte”. Segundo o presidente, Álvaro Cabaleiro Durán, “este acto supón un pequeno exemplo de que a pesar que o monte quedase arrasado cos incendios forestais, é deber de toda a sociedade voltar a empezar e tentar deixarlle ás xeracións vindeiras o mellor monte posible”.
Destacan tamén a colaboración de empresas en actividades desta índole, como foi o caso de “Xirela” e “Maquinaria Agrícola Carpintero”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará