Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Fútbol Sala redondelán afronta a recta final da competición con resultados desiguais

RR_Noticias

A falta de tan só tres xornadas para que acabe a competición oficial, o Arealonga non logra afastarse dos puntos de descenso logo de caer por goleada ante o Abetos Gondomar (9-2). Mellor situado o Campito, na cuarta praza, malia a derrota por 3-6 na súa cita co líder da categoría, O Cereixa. Tan só o Redondela lograba vitoria no Campo da Quinta de Tui, nun partido que remataba co resultado de 1-2.

Una cita difícil para os de Manuel Otero que xogaban fóra da casa na pista do terceiro. Con todo, os de Redondela lograron facerse cos puntos en xogo ao vencer por 1-2 aos seus rivais. Situados na sétima praza reciben na vindeira xornada, log odo parón de Semana Santa, ao Alonso Serodio, situado na decimo segunda praza.
Derrota avultada a sufrida polo Arealonga. Caía por 9-2 na súa visita ao campo do Abetos Gondomar e mantéñense na decimo terceira praza. Na vindeira xornada terán a posibilidade de remontar xa que xogarán na casa e recibirán ao pechacancelas do grupo, o Ourense Mariñamansa.
Por último o Campito segue na cuarta praza malia caer ante o Cereixa por 3-6. Dentro de dúas semanas a competición ligueira levaraos ata o campo do Sporting Manzaneda.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará