Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Festa da ostra amplía a súa oferta gastronómica

RR_Noticias

A XXXI edición da Festa da Ostra celebrarase os días 1 e 2 de abril e faino con novidades na súa oferta gastronómica. O prato rei poderá degustarse este ano xunto con ameixas ou anguías, produtos da lonxa de Arcade que acompañarán ás tradicionais ostras ao natural, en escabeches e empanada. Ademais das actividade musicais e festivas propias desta cita, o programa inclúe este ano unha exhibición de talla en madeira con motoserra a cargo do escultor Marcos Mariño.  

Pendentes do tempo pero envorcados na organización, dende a Concellería de Turismo Dolores Cernadas confía en que a afluencia de público volva ser masiva nesta edición que se celebra na fin de semana. Como novidade no gastronómico inclúese a oferta “produtos da nosa lonxa” coa degustación de ameixas e anguía que acompañarán ás tradicionais ostras ao natural, en escabeche, empanada de ostras, etc. O prezo das ostras ao natural será a ducia a 7 € e a empanada de ostras e as ostras en escabeche a ración será a 6 €. O viño ribeiro a 4 € e o albariño de Soutomaior a 8 €. Os actos festivos iniciaranse o sábado día 1 ás 11,00 horas cunha exhibición en talla de madeira con moto serra a cargo do artista loca Marcos Mariño, quen a partir dun tronco de 1,30 centímetros fará unha ostreira cun cesto de ostras A apertura das casetas de venda de ostras terá lugar ás doce do mediodía amenizado coa charanga “A cabeza non para” e xa pola noite, a partir das dez, a verbena contará coa actuación das orquestras Xacobeo e Paris de Noia. O domingo as casetas abriranse ás 10:00 horas e as bandas de música Artística de Arcade e Banda de música Cultural de Arcade ofrecerán os seus tradicionais pasarrúas. Ás 13:00 horas terá lugar o pregón da festa a cargo do popular actor e humorista galego Luís Zahera.  

Dolores Cernadas. edil de Turismo
Fala da programación festiva
Produtos da nosa lonxa
Novidades gastronómicas
Marcos Mariño
O escultor fará unha demostración en directo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará