Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Darlim Racing Chapela homenaxeado polos patrocinadores

RR_Noticias

Os integrantes do club Darlim Racing Chapela foron homenaxeados polos seus patrocinadores, o presidente da empresa, Indalecio Cuevas e o Director Xeral, Saul Cuevas así como polo Director provincial de deportes da Xunta, Daniel Benavides. Felicitaron aos deportistas e ao seu adestrador Enrique Carro polos éxitos obtidos no Campionato de España de natación celebrado en Sevilla.

O Racing Chapela logrou cinco medallas e un récord de España de natación no campionato nacional para persoas con discapacidade intelectual. Os medallistas foron Mauro Rodríguez Baliña, que logrou o ouro e a marca nacional en 200 metros bolboreta; ouro en 100 bolboreta, prata en 400 libres, bronce en 200 libres e foi cuarto en 400 estilos. Pola súa banda, Iria Gómez Lago conseguiu bronce en 400 libres e foi cuarta en 200 costas. O resto de integrantes do equipo foron Iván Lago González, Enrique Sampedro Campos, Eva Lago Méndez e Daniela Montenegro Alonso, que realizaron unha gran competición aínda que non obtiveron medallas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará