Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha inspección detecta sobreocupación e maiores agochados nunha residencia en Pazos

RR_Noticias

A Garda Civil atopou cinco maiores agochados nun galpón do centro da terceira idade Mi Casa, propiedade de Lucía Pedroso, presidenta da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra. A “irregularidade” foi detectada o pasado venres durante unha inspección ordinaria de Política Social a esta residencia situada na parroquia de Amoedo en Pazos. Segundo denuncia a CIG os maiores estiveron catro horas en situación degradante co obxecto de ocultar a existencia dun número maior de usuarios dos permitidos.

A CIG-Servizos de Pontevedra denunciou as irregularidades detectadas na residencia da terceira idade Mi Casa, en Pazos de Borbén, durante unha inspección a este centro, propiedade da presidenta provincial da Asociación de Jóvenes Empresarios, Lucía Pedroso Suárez. A Garda Civil -que se desprazou até o lugar a instancias da inspectora autonómica- constatou a presenza de cinco maiores agochados durante horas primeiro na lavandería e logo nun galpón.
A secretaria comarcal da CIG-Servizos de Pontevedra, Diana Rodríguez e o responsable de Negociación Colectiva da federación, Pedro Pérez, explicaron que cando a inspectora da Xunta accedeu ao centro “tivemos coñecemento de que cinco persoas maiores foron agochadas no interior da lavandería para que a inspección non detectara que a residencia ten usuarios/as de máis”.
Entón deciden darlle aviso á inspectora, que se achegou até a zona de lavandería para comprobar este extremo. A responsable da residencia negouse en todo momento a abrir a porta alegando que o cuarto “está en obras”. A inspectora insiste e volven prohibirlle o acceso, polo que ameaza con chamar a Garda Civil e cando se ausenta para comunicarlle ao departamento autonómico que non lle permiten entrar aproveitan para cambiar os maiores de sitio que son agochados nun galpón de tan só dous metros de alto con tellado de uralita no que os cinco usuarios da residencia son confinados xunto a unha auxiliar. Novamente, segundo explican os delegados sindicais, avísase a inspectora que finalmente chama aos axentes. “Non é ata que se presenta a Garda Civil que a responsábel da residencia accede a abrir a porta do galpón, atopándose os axentes cos cinco maiores e a auxiliar”.
Dende a CIG denuncian que estas persoas “estiveron arredor de catro horas en condicións degradantes, primeiro na lavandería e logo no galpón a máis de 25 grados de temperatura, sen auga, sen a súa medicación e incluso sen cueiros”. Un centro con capacidade de 58 prazas, aínda que no momento da inspección había un total de 63, aseguran desde la CIG
Diante disto, dende a CIG-Servizos agardan que a Garda Civil traslade a acta que levantou por estes feitos á Fiscalía e ao Xulgado e que a Consellería “tome cartas no asunto, retirándolle incluso a licenza”.
Entenden que o sucedido é especialmente grave ao tratarse dun centro con prazas públicas e cuxa propietaria exerce como presidenta dunha asociación de empresarios, polo que solicitan a súa dimisión do cargo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará