Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O regreso das lontras aos ríos de Redondela

RR_Noticias

Un veciño da zona do Salgueiral, Agustín Lobera deixou constancia do regreso deste animal aos ríos do concello. Concretamente trátase dun individuo de gran tamaño que percorre o río Maceiras na procura de alimento. Dende o Concello salientan a presenza de lontras nos nosos ríos como “un claro síntoma de que as medidas que se están impulsando dende o goberno para recuperar a zona están tendo bo resultado xa que a lontra é unha especie que só vive en ecosistemas naturais non contaminados”.

A lontra é un animal carnívoro que se alimenta de peixes e outras especies acuáticas que capturan baixo a auga grazas a súa capacidade para aguantar moito tempo mergullados, ademais, axuda a regular e manter o ecosistema nas zonas onde viven.
Dende a concellería de Medio Ambiente afirman que a súa presenza é unha mostra do bo traballo que se están a facer nestes ríos xa que a lontra “vive en ecosistemas naturais non contaminados polo que resulta un bo indicativo da calidade de auga e da limpeza do entorno”.
Lembran que nos últimos seis anos realizaron numerosas campañas de limpeza eliminando gran cantidade de lixo das súas beiras e da súa canle coma restos de obras, rodas de vehículos, envases ou bolsa de plástico altamente contaminantes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará