Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os socialistas critican que o goberno local non utilice toda a partida de emprego da Deputación

RR_Noticias

Aseguran que o PP desviará 51.597,49€ da partida de emprego do organismo provincial a outros usos o que supón que se contrate menos desempregados dos que sería posible. O concello prevé a contratación, a partir de maio, de 27 persoas con cargo a esta subvención procedente da Deputación para cubrir diferentes postos entres os que se atopan o de barrendeiro, conserxe, ordenanza, administrativos, ferreiro, electricista ou albanel.

Os socialistas indican que o Plan Concellos da Deputación dálle un importe ao Concello de Redondela de 1.160.108,35€, este total divídese en tres liñas: investimentos, gasto corrente e emprego. Nesta última liña, Redondela recibe 261.024,38€ para contratación de persoas, “pero o PP de Redondela non investirá toda a partida debido a que destinará 51.597,49€ cara outros usos”.
Neste sentido denuncian que “a pesar de que a actual Deputación incrementou a partida para emprego debido a situación de paro que están a sufrir moitas persoas, así como subiu o salario indigno que destinaba aos traballadores cando o organismo estaba xestionado por Louzán, o goberno municipal non só promove unha lei laboral inxusta senón que non realiza políticas activas de emprego”.
O PSOE de Redondela critica as manifestacións realizadas polo PP de que “volve apostar polo emprego ao facer uso desta liña de financiamento”, xa que para os socialistas “a realidade reflicte que o goberno do PP non aplica toda a partida da liña de emprego que podía sumar máis postos de traballo ao noso Concello”. Os socialistas critican “a irresponsabilidade do goberno local ante a falta de persoal no Concello, resultado das leis desenvolvidas polo Goberno de Rajoy que impiden contratar, así como a tardanza en enviar a solicitude dos postos á Deputación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará