Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Búscanse mozos e mozas interesados no monte comunal

RR_Noticias

O programa Europeo Comunix, xestionado pola Cooperativa redondelá Trespés, busca mozos e mozas de idades comprendidas entre os 18 e 25 anos interesados en participar dunha escola comunitaria que se desenvolverá no mes de agosto. O obxectivo é capacitar aos participantes para xestionar estas terras comunitarias e que coñezan experiencias de emprego e explotación do monte. Os interesados deben enviar a súa solicitude ao enderezo info@trespes.org antes do 10 de abril.  

O obxectivo principal do COMUNIX é capacitar a xuventude para a participación activa no goberno das terras comunitarias (montes veciñais en man común no caso de Galicia, os baldios en Portugal ou a “partecipanza” na Italia). Trátase de terras comúns gobernadas de forma democrática a través de réximes de propiedade colectiva que sobreviviron até hoxe pero que se enfrontan ao desafío de falla de relevo xeracional, o que supón unha grave ameaza para a súa continuidade, segundo explica Alberte Román. Na Galiza, o proxecto Comunix pretende involucrar a xuventude das parroquias con montes veciñais. Durante dúas semanas, unha na Galiza e outra en Portugal, os participantes van coñecer os recursos naturais que existen neses lugares, os seus usos e os desafíos de os gobernar en común, para que podan soportar modos de vida mais sustentables e xustos. Os interesados en participar nesta escola, que se desenvolverá no mes de agosto, deben enviar a súa solicitude antes do 10 de abril ao enderezo info@trespes.org. É requisito imprescindible ter entre 18 e 25 anos, ser galego falantes e vivir nunha zona con monte veciñal. Deben enviar un documento que recolla datos persoais e un texto no que reflexionen sobre cales serían os mellores xeitos de mellorar o monte veciñal. Accederán a este proxecto, financiado pola Unión Europea e que non lle suporá custe algún aos participantes, un total de 10 persoas seleccionadas entre todos os candidatos.  

Alberte Román cooperativa Trespés
Explica en que consiste o programa Comunix
Garantir o relevo xeracional
Búscanse mozos interesados en xestionar estas Comunidades de Montes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará