Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Sociedade cultural do Viso habilita unha aula de estudo na antiga escola de Tuimil

RR_Noticias

A iniciativa xurde como resposta ás necesidades dos estudantes, que contarán así cun espazo adicional de estudo. A aula conta con varios postos de estudo e mesmo con ordenadores para o acceso a internet dos estudantes para as súas consultas. A xestión basearase na corresponsabilidade e na colaboración dos usuarios, estando accesible tódolos días da semana en horarios de mañá, tarde e noite. Para a coordinación do uso da aula unicamente será necesario comunicalo á Sociedade Cultural do Viso a través do correo acsmviso@gmail.com ou do teléfono 656.938.058.

A Sociedade Cultural do Viso ven de habilitar unha aula de estudo na Antiga Escola de Tuimil (edificio da Sociedade de Agricultores do Viso) de cara a que os estudantes que o precisen poidan ter un espazo adicional para estudo. Coñecendo a necesidade de aulas de estudo para a mocidade de Redondela, a dirección da Sociedade Cultural do Viso pensou en que unha das aulas da Antiga Escola de Tuimil puidese ter este uso. Unha vez comunicado ao Concello de Redondela, pois o edificio é de titularidade municipal, e dado o visto bo, procédese á apertura desta aula na parroquia do Viso.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará