Hoxe é Domingo 25 de Setembro de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres medallas para o remo redondelán na Guarda

RR_Noticias

O Club de Remo de Chapela fíxose co ouro na categoría absoluta feminina e o bronce en xuvenil feminina. O club de Cesantes acadou a prata na categoría infantil masculina. A bandeira, puntuable na Liga Territorial Sur de Bateis, foi para Vilaxoán, que despregou todo o seu potencial.

O Club de Remo Vilaxoán foi o dominador indiscutible da XVIII Bandeira Concello da Guarda-Memorial Antonino Torrón de bateis. Os seus remeiros nas categorías masculinas e femininas fixeron unha gran demostración de forza, e gañaron cinco das nove regatas do programa. Sumaron 44 puntos, e deixando a Tirán en segunda posición con 27, unha ampla marxe que deixa evidencia da superioridade dos de Vilaxoán. En terceira posición clasificouse Bueu con 21 puntos.
Resultados: Alevín feminino: 1.Vila Cangas, 2.51:24; 2.Samertolaméu, 2.58:05; 3.Tirán, 3.27:83.Promesa feminino: 1.Vilaxoán, 5.06:69; 2.Tirán, 5.09:24; 3.Vila Cangas, 5.16:78.Xuvenil feminino: 1.Vilaxoán, 10.35:05; 2.Tirán, 10.51:19; 3.Chapela, 11.00:09.Absoluto feminino: 1.Chapela, 10.15:42; 2.Samertolaméu, 10.18:86; 3.Mecos, 10.26:99.Alevín masculino: 1.Robaleira, 3.00:83; 2.Vila Cangas, 3.03:09; 3.Virxe Guía, 3.08:47. Infantil masculino: 1.Vilaxoán, 5.45:23; 2.Cesantes, 5.13:32; 3.Tirán, 5.17:13. Cadete masculino: 1.Vilaxoán, 7.09:08; 2.Samertolaméu, 7.12:82; 3.Mecos, 7.15:67. Xuvenil masculino: 1.Vilaxoán, 9.34:41; 2.Bueu, 9.38:31; 3.Virxe Guía, 9.59:41. Absoluto masculino: 1.Bueu, 9.12:67; 2. Amegrove, 9.14:87; 3.Tirán, 9.17:87.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará