Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Rodosa Chapela suma antes do derbi

RR_Noticias

Os de Fran Teixeira seguen aspirando aos postos que dan praza na fase de ascenso logo de gañar en Bueu. A SAR Plastic Omnium deixou escapar a vitoria ante o Teucro e tivo que conformarse cun empate. O sábado dispútase o derbi en Chapela ás 18.30 horas.

Primeira Nacional
Bueu 24-31 Rodosa Chapela
O Servi-Auto Bueu plantou cara ao Rodosa Chapela, que tivo que entregarse a fondo para impoñerse nun encontro no que o marcador final non reflicte a igualdade que houbo na pista durante a maior parte do encontro.
SAR Plastic Omnium 26-26 Teucro
Os de Carlos Rey deixaron escapar a vitoria. Sumaron un punto ante o Teucro, pero a sensación é agridoce. A SAR foi por diante no marcador durante a maior parte do partido, e a falta de dez minutos para o final gañaba cunha vantaxe de catro goles(24-20). Os erros nos minutos finais permitiron aos pontevedreses empatar o encontro.
A próxima fin de semana dispútase o derbi local da segunda volta. Os dous equipos chegan en situación moi diferente; os de Fran Teixiera pelexando por manterse na cabeza da táboa e acadar un posto para disputar a fase de ascenso, e a SAR escapando dos postos baixos da táboa para garantir canto antes a permanencia.
Honra Prata Feminina
Parón ligueiro polas competicións internacionais. Volve a liga o 25 de marzo. A SAR Rodavigo viaxará a Tenerife para medirse ao Tejina o sábado 25 ás 20.00 horas. O Cíes Chapela recibe ao Valladolid o domingo 26 ás 12.20.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará