Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castelo de Soutomaior permanecerá pechado ata que se arranxen os danos do temporal

RR_Noticias

A Deputación de Pontevedra prorroga o peche do castelo con carácter indefinido para garantir a seguridade do recinto. O temporal da pasada fin de semana provocou a caída de numerosas árbores, entre elas unha centenaria, ademais de danos no viñedo, o invernadoiro e a Pousada do recinto.

A Deputación de Pontevedra acaba de acordar o peche, con carácter indefinido, do complexo do castelo de Soutomaior, tras os numerosos danos ocasionados polo temporal da pasada fin de semana “por razóns de seguridade fan necesario que permaneza pechado ata que se poida determinar a súa apertura, unha vez se restableza a seguridade das persoas e que os danos ocasionados estean reparados”.
O temporal afectou ao mobiliario e as estruturas do predio, ademais de provocar a caída de numerosas árbores. Multitude de pólas fan o recinto intransitable, caso que se repite nas rutas de sendeirismo, cortadas pola caída de árbores no seu percorrido; ademais, outras pólas e copas se manteñen colgando con risco de caída. Foise a corrente eléctrica nas instalacións do castelo e o temporal ocasionou danos na carpa que emprega a Pousada.
En concreto, na entrada do predio caeron dúas árbores que impedían o paso dos vehículos, esmagaron a varanda do muro e danaron dúas cordas do viñedo, en cuxa zona alta, ademais, caeu un eucalipto. Na parte baixa do parque caeu unha sobreira mediterránea centenaria, de máis de 20 metros de altura, que no seu derrubamento rompeu parte dunha camelia, tamén de máis de 100 anos de antigüidade. Próximo a esta, tamén caeu un cedro, que esnaquizou un dos bancos do parque. Outros dous cedros, no límite inferior do parque (a carón do aparcadoiro), afectaron varias das maceiras da zona.
Tamén o invernadoiro sufriu importantes danos: o plástico atópase rachado e o obxecto que o recobre para proporcionarlle sombra foi arrancado. A estrada pola que se accede á capela tamén está cortada por mor da caída dun cedro; ademais, unha das súas pólas alcanzou o muíño. Na parte do bosque hai unha gran cantidade de copas rotas e árbores arrancadas de raíz. As especies máis afectadas foron o ciprés, a acacia e o érbedo, aínda que tamén caeron algúns carballos, piñeiros e eucaliptos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará