Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitoria para os equipos de fútbol sala de Chapela

RR_Noticias

Arealonga e Campito fixeron os deberes esta fin de semana e lograron facerse cos puntos en xogo nas súas citas ligueiras. O Campito vencía por 6-2 ao Mos e o Arealonga lograba facerse cos puntos en xogo no campo do Tui Futsal ao vencer por 1-4. Peor lle foron as cousas ao Redondela FS que caía no pavillón da Marisma ante o Beade por 4-6.

Partidos correspondentes á xornada 17 da Autonómica Sur con mal resultado para o Redondela que logo da vitoria da semana pasada en Ourense buscaba conseguir outros tres puntos ante a súa afección e consolidarse na táboa para seguir loitando por ocupar os posto altos. Non foi así, xa que malia a presións dos redondeláns o equipo visitante mantivo unha boa resposta en todo momento e lograba ir ao descanso xa cun marcador favorable de 0-2. A segunda parte non foi mellor ata chegar ao definitivo 4-6 que afasta ao equipo dos seus obxectivos. Na vindeira semana xogarán no campo do Valadares.
A cara positiva atopámola nos encontros disputados polos equipos de Chapela. O Campito xogaba tamén na casa ante o Mos e lograron facerse co partido por 6-2. Dende a oitava praza do grupo desprázanse o vindeiro sábado ao campo de As Neves, equipo que é cuarto.
Vitoria tamén para o Arealonga na súa visita ao campo do Tui Futsal por 1-4. Uns puntos que con todo non os afastan dos postas baixos da táboa, son decimo terceiros e na vindeira semana reciben ao penúltimo da clasificación, o Celado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará