Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Casa da Cultura acolle un ciclo de conferencias en torno á lingua e cultura galegas

RR_Noticias

O Servizo de Normalización Lingüística organiza unha serie de conferencias, enmarcadas dentro do Curso de lingua e cultura galegas que se desenvolve en horario de 11 a 12:30 na Casa da Cultura. Unha actividade que serve para completar a formación do alumnado pero que está aberta a todo o público que queira achegarse con intervencións, entre outros, do profesor Gonzalo Navaza.

A primeira das intervencións será o luns 30 de xaneiro a cargo de Xosé González quen falará de “O dereito do galego: consumo, xustiza, economía”.
O mércores día 1 intervirá o doutor en Filoloxía Galega, ensaísta e especialista no Rexurdimento Xurxo Martínez, quen impartirá un “Obradoiro arredor de Rosalía de Castro”.
Ao día seguinte, o xoves 2 chegará a Redondela o profesor Gonzalo Navaza, membro da Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia quen falará de “Onomástica e toponimia”.
Pechará o ciclo Fernando Ramallo o mércores día 8 de febreiro. Profesor titular da Universidade de Vigo, autor de diversos estudos sobre planificación e dinamización lingüísticas e membro do Comité de Expertos sobre linguas minorizadas do Consello de Europa falará de “A situación sociolingüística en Galicia”.
Todas as conferencias están abertas ao público e son de balde. As exposicións serán feitas de maneira amena, con fins pedagóxicos e didácticos. Dende o  Servizo de Normalización Lingüística animan a toda a veciñanza a asistir a estas conferencia arredor da cultura do noso país.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará