Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Partido Popular de Soutomaior nega ocultación de información e falta de transparencia no PXOM

RR_Noticias

O goberno local rexeita as críticas do BNG e asegura que seguirá adiante coa aprobación do documentos urbanístico. Aseguran que a información que falta no PXOM débese a un erro do equipo redactor e que en canto se subsane será levado a pleno. O obxectivo é “aprobalo nos próximos días”.

Non existe falta de transparencia nin mala fe, a única información que falta é unha relación explícita dalgunhas modificación de alegacións que a Xunta ordenou cambiar e que por erro non foi incorporada polo equipo redactor, aseguran dende o PP.
O goberno local engade que van traballar “para aprobar ese documento e non queremos que quede a máis mínima dúbida, por iso xa foi reenviado aos grupos políticos para que  poida ser aprobado nos próximos días”.
Lembran que o PXOM foi exposto 3 meses “cando a normativa marca 2, e en período de información pública estiveron dous técnicos municipais no Concello e no multiusos de Arcade dando as explicacións pertinentes e proba diso foron as máis de 500 alegacións presentadas, o cal demostra a transparencia e legalidade  do proceso”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará