Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela súmase á iniciativa Tropa Verde que premia aos que colaboren coa reciclaxe

RR_Noticias

A día de hoxe son 36 os comercios que xa se sumaron a este iniciativa que busca fomentar a reciclaxe entre os veciños. Os que participen verán recompensada a súa acción con puntos estrelas que poderán trocar por agasallos ou descontos nos establecementos que se adhiran a este proxecto da Concellería de Medio Ambiente.

A Tropa Verde é un proxecto que está en marcha noutras cidades e que busca potenciar o comercio local a un tempo que conciencia aos veciños na necesidade de reciclar os seus residuos. Coa axuda das novas tecnoloxías e a cambio de levar os residuos ata os puntos que se establezan previamente, os veciños poderán obter descontos en 36 establecementos que xa se sumaron a iniciativa, aínda que o Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Ángel Álvarez confía en que en breve se supere o medio cento de comercios. O proceso para participar é sinxelo. Os participantes teñen que inscribirse a través da web tropaverde.gal. Cando leven por exemplo as súas bolsas de tapóns aos multiúsos, entreguen as súas garrafas de aceite usado ou depositen pilas, cartuchos de tinta ou outros residuos no punto limpo correspondente, obterán un cheque que lles servirá para acumular “puntos estrela” que poderán usar no comercio e na hostalería local obtendo descontos ou agasallos directos. Esta é unha nova acción de Medio Ambiente de cara a concienciar á sociedade da importancia da reciclaxe para conseguir reducir ao máximo as toneladas de residuos xeradas e evitar sancións nun futuro así como abaratar o recibo de un millón de euros que se lle paga a Sogama. Unha iniciativa que se suma a outras accións como a da compostaxe comunitaria que xa está a funcionar no Salgueiral “con moi bos resultados” ou a da reciclaxe de vidro que serviu para incrementar o número de botellas e recipientes recollidos durante o período de Nadal.  

MIguel Álvarez Ballesteros edil de Medio Ambiente
Confía en arrancar con 50 comercios adheridos á iniciativa
Reciclaxe de diversos residuos
Aceite tapóns pilas cartuchos de tinta… todo vale
Compostaxe comunitaria
Os veciños do Salgueiral veranse beneficiados con puntos estrela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará