Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O RedondelaFS logra un empate ante o Gondomar e afiánzase na parte media da táboa

RR_Noticias

Encontro con moitos goles o disputado este sábado no pavillón Municipal de Gondomar. 5-5 foi o resultado dun partido ante o Abetos correspondente á anterior xornada que fora aprazado a petición dos locais. Un rival difícil que non amedrentou aos de Manuel Otero, que lograron ese empate grazas aos 3 goles de Esco, Tizón e Dani.

Xornada de descanso na Liga Galega Sur que malia todo déixanos un resultado co encontro aprazado do Redondela que se desprazaba este sábado ao campo do Abetos. Un empate a cinco tantos que sitúa aos redondeláns na parte media da táboa con 21 puntos . Na vindeira fin de semana xogan novamente fóra da casa pero fano ante un rival moito máis feble, o Ourense Mariñamansa, que con tan só 6 puntos é o penúltimo do grupo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará