Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE reclama máis seguridade na saída do Camiño Negueiride en Cedeira á N-552

RR_Noticias

O Camiño Negueiride de Cedeira posúe tanto unha saída como entrada pola N-552, á altura da farmacia. Os condutores que circulan por ese camiño teñen dificultades xa que a visión da saída é imposible debido á colocación de varios colectores municipais, así como dos coches aparcados na beiravía da estrada nacional.

Os socialistas afirman “son numerosas as queixas da veciñanza, mesmo no Consello Parroquial de Cedeira avisaron ao goberno local da perigosidade desta saída” engaden “o PP está a cometer un deixamento de funcións que afecta á seguridade da veciñanza, xa que está zona é moi transitada polo volume de coches que adoitan pasar pola N-552”. Por este motivo solicitarán no próximo pleno de finais de mes que se adopten medidas que melloren a seguridade vial neste punto.
Ademais, os socialistas lembran que unha das maiores promesas electorais do PP hai 5 anos foi a elaboración dun Plan de Tráfico. “A día de hoxe, o prometido Plan de Tráfico non existe pola falta de traballo do PP de Redondela” engade o edil socialista Eduardo Reguera.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará