Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os pensionistas redondeláns aprobarían unha suba do copago farmacéutico para as rendas máis altas

RR_Noticias

O anuncio feito pola ministra de Sanidade sobre a posibilidade de reformar o copago farmacéutico para que “pague máis quen máis cobra” levantou bochas esta semana. A oposición esixiu explicacións a Dolors Montserrat, quen logo rectificou. Explicou que só o están estudando.

Os pensionistas están desconcertados, tamén en Redondela. Alfonso sinala que “non son maneiras de actuar” por parte dun ministerio, e afirma que as declaracións de Montserrat foron “unha ocurrencia”. A ministra sinalou o luns nunha entrevista que sería necesario axustar mellor os tramos do copago farmacéutico. Actualmente os pensionistas que ingresan ata 18.000 euros ao ano pagan como máximo 8 euros ao mes polos medicamentos. Os que cobran entre 18.000 e 100.000 euros están nun mesmo tramo, e o tope de pago para eles polos fármacos son 18 euros mensuais. Para a maioría dos cidadáns non é xusto que pague o mesmo o que gaña 20.000 ao ano que o que gaña 80.000 ou 90.000. Polo que establecer novos tramos con pagos que vaian en proporción á renda é unha cuestión que os veciños apoian maioritariamente. Francisca teno claro, advirte que debería ser “máis equitativo”. Bernardino comparte esta idea, opina que as pensións baixas deben pagar menos, e as pensións altas “facer unha achega maior”, porque non lle suporía un problema. Elvira tamén ten claro que debería modificarse o actual sistema de tramos. Entende que o actual “non é xusto”, e que debería ser “máis proporcional”. Explica que coa crise actual que vive o país, os que máis teñen “deben colaborar máis”. Para Maribel este plantexamento é lóxico, xa que para os que teñen pensións de 2.000 ou 3.000 euros mensuais, unha achega maior para os medicamentos “non supón un gran esforzo”, aínda que tiveran que pagar “30 ou 40 euros ao mes de medicamentos”. A ministra Dolors Montserrat rectificou despois da alarma creada polo seu anuncio, e sinalou que o actual sistema de tramos está “en estudo”. Afirmou que contarán coa opinión dos expertos e o resto de grupos parlamenarios, e que finalmente o copago podería “subir, baixar ou quedar igual”.  

Alfonso: Unha ocurrencia da ministra
Para este xubilado o anuncio de Montserrat foi impropio da responsable dun ministerio.
Bernardino: Que paguen máis as pensións máis altas
Para este pensionista sería necesaria unha rebaixa para as pensións máis baixas e un incremento no copago para os que máis cobran.
Maribel: As pensións altas poden pagar máis
Esta veciña apoiaría un incremento no copago para os pensionistas que cobran as pensións máximas.
Elvira: Un copago máis proporcional
Esta pensionista defende unha maior proporcionalidade nas achegas ao copago farmacéutico.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará