Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A aprobación definitiva do PXOM de Soutomaior irá a pleno en 10 días

RR_Noticias

Dende o BNG sinalan que, de aprobarse, será un desastre sen precedentes para o concello, “afectará a centos de veciños cuxa parcelas pasarán de ser urbanizables a rústicas e condenará a ao concello a ser unha vila dormitorio”. Os nacionalistas asesorarán aos veciños no seu local da rúa Xosé Solla sobre a situación na que quedarán as súas propiedades e acusan ao goberno local de ocultar información á cidadanía respecto do Plan Urbanístico.

O goberno local de Soutomaior anunciou na Xunta de Portavoces a súa intención de que o Plan Xeral de Ordenación Municipal se someta á aprobación definitiva no pleno que terá lugar o vindeiro 24 de xaneiro. O goberno local adoptou esta decisión, explican dende a oposición “a pesar de que o PP conta dende hai 3 meses con informes da Xunta que a veciñanza descoñece e que modifican substancialmente o PXOM. Trátase de modificacións que afectan de maneira directa a centos de veciños e que o goberno local non só aceptou senón que ocultou á veciñanza durante tres meses sen sequera informar á coorporación”.
A este respecto, o voceiro municipal do BNG Manu Lourenzo denuncia que os veciños se atopan nunha situación de indefensión absoluta, xa que Xunta e o concello puxéronse de acordo para meter con calzador unhas modificacións que supoñen unha estafa a centos de veciños e que condena o noso concello a ser unha vila dormitorio.
Entre os cambios que denuncian os nacionalistas atópase o feito de que moitas parcelas que pasaron de ser edificables a ser urbanizables nun primeiro momento, na aprobación definitiva pasan a ser directamente rústicas, e dicir, “que só servirán para sementar patacas”. Hai ducias de veciños están a piques de perder moitísimo diñeiro no valor das súas propiedades.
Critican tamén que moitos veciños segan a esperar resposta ás alegacións presentadas “o PP só aceptou o 30% das mesmas, o 20 % tiveron unha aceptación parcial que na maioría dos casos non resolve o problema, e 50 % foron descartadas directamente”.
Dende o BNG sinalaron que porán no seu local situado na Rúa Xosé Solla 55 unha oficina para atender á veciñanza, para que todos os veciños poidan consultar o estado das súas parcelas e anuncian que empezaran unha intensa campaña de información sobre o PXOM.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará