Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Piden a dimisión de Severino Reguera pola súa implicación no caso dos alugueiros de Navia

RR_Noticias

Alternativa Veciñal de Pazos de Borbén piden a dimisión do tenente de alcalde da localidade logo de que o Xulgado de Instrución número 2 de Cambados decretase a apertura de xuízo oral contra o expresidente da Deputación de Pontevedra, a súa esposa e o propio Severino Reguera por un delicto de suborno continuado en relación ao aluguer dun locais comerciais a un prezo superior ao do mercado.

Alternativa Veciñal xa esixira anteriormente responsabilidades políticas a Severino Reguera por pesar sobre el indicios firmes de ter cometido un delicto relacionado coa corrupción. Demandamos daquela, como medida cautelar, que dimitira do seu cargo de Tenente Alcalde ou, de negarse este, que fora cesado polo Alcalde Andrés Iglesias por entende que , aínda  respectando a presunción de inocencia era “prexudicial para o Concello de Pazos de Borbén manter na tenencia de alcaldía a unha persoa acusada dun delito de corrupción. Pero prevaleceron os intereses particulares sobre o público e Severino Reguera continuou no seu cargo”.
Como o proceso xudicial seguiu adiante e se manteñen firmes as acusacións, Alternativa Veciñal volve demandar que se asuman responsabilidades políticas, solicitando a dimisión de Severino Reguera. A este respecto, fan súas as manifestacións públicas do propio Partido Popular nas que fixa a apertura de xuízo oral como o momento no que apartar de militancia e de cargos públicos aos acusados por corrupción.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará