Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O profesor de historia David Faro fala en Chapela dos “Alicerces da identidade europea”

RR_Noticias

Os Amigos das Bibliotecas de Redondela organizan esta semana unha nova actividade orientada a público adulto. Será o venres 13 ás 20:30 horas na sala de exposicións do Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela. Os alicerces da identidade europea é o título da charla que impartirá o profesor de historia David Faro.

Nesta conversa falará das bases que, ao longo da historia, deron para fraguar unha unión monetaria, primeiro, e política, despois, que aínda está en construción. Jerónimo Pomares, coordinador dos clubs de lectura das bibliotecas presentará ao convidado desta xornada e moderará o debate. A entrada é libre e gratuíta.
Como complemento a esta actividade dende a Asociación propoñen a lectura de dous textos moi breves: o Prólogo de Mario Vargas Llosa en “La idea de Europa”, de George Steiner e o fragmento de “Occidentalismo”, de Ian Buruma e Avishai Margalit, que poden solicitarse no mostrados das bibliotecas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará