Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

En prisión os redondeláns detidos dentro da operación contra a fraude do IVE dos hidrocarburos

RR_Noticias

A macrooperación levada a cabo a mediados de mes supuxo o desmantelamento dunha rede que operaba en Vigo e outras cidades e que defraudaba masivamente o IVE na compra e venta de hidrocarburos. A rede facturaba uns 300 millóns de euros ao ano. Entre os cinco supostos integrantes da rede detidos en Vigo atopábanse dous veciños de Redondela, A.J.M.L, avogado de 46 anos e L.A.M.D.C., auditor financeiro de 56 anos, que seguirían en prisión provisional no centro penitenciario de Soto del Real.

A operación Burlao, unha operación conxunta entre a Garda Civil e a Axencia tributaria que se producía a mediados de mes, saldouse coa detención dunha veintena de persoas en sete provincias españolas concretamente da Comunidade Valenciana, Cataluña, Madrid e Galicia.
A organización desmantelada podería ter defraudado uns 25 millóns de euros nos últimos anos, segundo se desprende das investigacións.
Unhas investigacións que arrancaron hai un ano e desvelaron a existencia dunha organización criminal cuxas prácticas consistían no fraude do IVE nos hidrocarburos.
As empresas que operan neste sector teñen que ingresar importantes cantidades de IVE xa que ao adquirir o carburante nun depósito fiscal (maiorista) non pagan este imposto que si repercuten logo cando venden o carburante a estación de servizo. A continuación, os vendedores deben ingresar ese IVE case na súa totalidade. As sociedades da trama, tal e como ten transcendido, non facían o ingreso e tiñan acumulado unha débeda de millóns de euros. Como tapadeira terían creado ademais unha empresa de compravenda de metais preciosos, que era empregada para branquear os seus beneficios.
Os delictos investigados son os de pertenza a organización criminal, contra o mercado e os consumidores, branqueo de capitais e contra a Facenda Pública.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará