Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Maxia en familia con Chrystian Magic

RR_Noticias

Un ritmo trepidante no que se suceden os números clásicos cos máis actuais aderezados cunha divertida retranca é o que nos propón o mago Chrystian para pasar a tarde do venres. Unha representación que se poderá ver o día 30 ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. O prezo das entradas é de 5 euros os adultos, 3 euros os nenos. Unha actividade enmarcada dentro da programación de Nadal que organiza o Concello de Redondela.

Números clásicos como os de escapismo, nos que o mago tentará liberarse dunhas esposas, ou facer desaparecer obxectos a vista do público son algunha das propostas que nos deixa este espectáculo no que a maxia sucederase a ritmo vertixinoso e no que o público formará parte do espectáculo colaborando activamente. Unha proposta familiar “para público de 3 a 99 anos” que chega mañá a Redondela da man do mago Crystian enmarcado dentro da programación do Nadal  que despedirá o ano coa visita da Coca Simona, personaxe que paseará polas rúas da vila na mañá do sábado en horario de 11:30 a 13:00 horas.  

Mago Christian
Fálanos do seu espectáculo
Maxia para todos os públicos
Números clásicos e contemporáneos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará