Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

25 anos de cultura e música

RR_Noticias

A Asociación Cultural e Social de Chapela inaugura este venres ás 20:00 horas na sala de exposicións do Multiusos de Chapela a mostra “25 anos fomentando a cultura” na que se recollen unhas trescentas fotografías que serven para lembrar os momentos máis salientables do Colectivo dende a súa posta en marcha no ano 1991. Os membros da Asociación renderán unha homenaxe ao seu fundador, Alejandro Bastos.

A posta en marcha da banda de Música, a loita por conseguir que se dotara a parroquia dun Multiusos no que desenvolver actividades culturais e sociais, o arranque dos diferentes grupos de baile ou a propia orquestra da Escola de Música, forman parte da historia dun colectivo que nacía 25 anos atrás e que a día de hoxe é memoria viva de Chapela. Todos eses momentos poderanse revivir a través das imaxes, unhas trescentas, que integran a exposición que se inaugura este venres no Multiúsos do Piñeiral e que se poderán visitar nas vindeiras semanas. Son centos de fotografías en papel das máis de 4000 fotos en formato dixital que compoñen o arquivo visual da asociación. A mostra completarase con distintos trofeos acumulados durante estes anos polos grupos de música e baile que forman parte desta Asociación e tamén notas de prensa de distintas época cunha sección dedicada especialmente ás reivindicacións e a loita da Asociación para conseguir o actual Multiúsos de Chapela. No transcurso da inauguración faráselle unha pequena homenaxe ao seu fundador, Alejandro Bastos, e actuará un quinteto da Escola de Música.  

Fernando Casas Asociación Cultural
O vicepresidente da asociación explica que imos atopar na exposición
Feitos máis salientables
A psota en marcha da banda de música ou a loita por ter un Multiúsos na parroquia
Homenaxe a Alejandro Bastos
Un recoñecemento ao que fora o seu fundador

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará