Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada de éxitos para o balonmán local

RR_Noticias

A excepción do Rodosa Chapela feminino, o resto de partidos da máxima categoría do balonmmán local saldáronse con vitorias. Na Primeira Nacional masculina o Chapela Rodosa impúxose ao Rasoeiro, e a SAR Plastic Omnium ao Saeplast Cañiza. Na Prata Feminina o Rodavigo SAR gañou en Valladolid.

Primeira Nacional
Rasoeiro 20-33 Chapela Rodosa
Os de Fran Teixeira non tiveron piedade do modesto Rasoeiro, que disputaba por primeira vez no Grove un partido de Primeira Nacional. Os de Chapela foron moi superiores, e seguen na cabeza da táboa. O sábado reciben en Chapela ao Xiria, co que están empatados a puntos no liderado da táboa.
Saeplast Cañiza 22-29 SAR Plastic Omnium
Os pupilos de Carlos Rey deixaron xa sentenciado o partido na primeira parte cun parcial de 11-19. Os de Redondela seguen sumando, e a próxima xornada reciben ao Granitos, que aínda non sumou ningún punto.
Honra Prata Feminina

Hand Vall Olibher 29-36 Rodavigo SAR
Malia o longo e incómodo desprazamento, as pupilas de “Chini” demostraron ser moi superiores ao Valladolid. No pavillón municipal da Cistérniga deron un baño de xogo as anfitrioas, e mantéñense no máis alto da táboa empatadas a puntos con Xixón e Tejina. Logo da xornada de descanso desta fin de semana desprázanse a Cantabria para xogar ante o Balonmán Camargo.
Rodosa Chapela 10-23 Palencia
As de Lupo sufriron unha durísima derrota na estrea da liga en Chapela. Non sumaron ningún punto nestas dúas xornadas, e pechan a clasificación da categoría
Logo da xornada de descanso desta fin de semana desprázanse a Tenerife para xogar co Tejina, o 15 de outubro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará